Pai

Pai dando de beber ao seu fillo.
Un pai paseando o seu fillo.

Pai[1] (do latín pater, patris) é, nun contexto biolóxico, aquel ser vivo de sexo masculino que ten descendencia directa. O termo recíproco é «fillo». No caso dos mamíferos como o ser humano, o pai concibe ao seu fillo tras a cópula coa futura nai, resultando na reprodución sexual.

Comunmente o pai cumpre un rol moi importante dentro do desenvolvemento dos nenos, o título de pai tamén pode ser dado a aquel home que cumpra este papel sen estar emparentado biolóxicamente co neno ou nena. Maiormente isto ocorre con homes que adoptaron nenos ou con homes casados con mulleres que previamente procrearan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á cal identifícaselle co estereotipo de pai. A determinación dos lugares atribuídos á paternidade foron imposicións sociais e culturais que forón cambiando co tempo.

Anualmente celébrase o Día do Pai en moitas partes do mundo. Nos países católicos celébrase o 19 de marzo, festividade de San Xosé, pai putativo de Xesús de Nazaret. Noutros países celebrase o 19 de xuño.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pai.
  2. historia del Día del Padre Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search