Patagonia

Situación da Patagonia

A Patagonia[1] é unha rexión xeográfica situada na parte máis austral de Suramérica, que abrangue territorios da Arxentina (Patagonia oriental) e de Chile (Patagonia occidental), separados pola cadea dos Andes.

Cobre unha área duns 673 000 km2.[2] Está arrodeada polas augas do océano Atlántico polo leste (coas illas Malvinas a uns 600 km), do océano Pacífico polo oeste e polo paso de Drake ao sur. Porén, o límite norte da Patagonia é moi discutido na actualidade. A Patagonia arxentina, sita ao leste dos Andes, sitúase ao sur dos ríos Neuquén e Colorado; a Patagonia occidental, iníciase ao sur do paralelo 39º S, mais excluíndo o arquipélago de Chiloé. A Patagonia arxentina inclúe as provincias de Neuquén, Río Negro, Chubut, Santa Cruz, e Tierra de Fuego, así como partes meridionais das provincias de Buenos Aires, Mendoza e La Pampa. A Patagonia chilena abrangue a parte meridional da rexión de Los Lagos, e mais as rexións de Aysen e rexión de Magallanes. Para ambos países exclúense as porción da Antártida que reclaman os dous.

A rexión comprende a parte sur dos Andes con lagos, fiordes, bosques húmidos e glaciares no oeste e desertos e mesetas no leste. No seu límite está o Cabo de Fornos.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patagón.
  2. 2,0 2,1 "Patagonia". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-07-01. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search