Patrimonio da Humanidade

Muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade desde o 30 de novembro do 2000

O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En setembro de 2023, estaban catalogados un total de 1.199 sitios (933 culturais, 227 naturais e 39 mixtos) en 168 países diferentes. Italia, con 59 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (57), e Francia e Alemaña con cadanseus 52 lugares.[1]

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, instaurado pola UNESCO en conmemoración da firma en París, o 16 de novembro de 1972, da Convención sobre o Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que estableceu as bases para desenvolver este tipo de protección sobre os bens culturais e naturais.[2]

  1. "World Heritage List". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 26 de xaneiro de 2023. 
  2. "Día Internacional del Patrimonio Mundial de la Unesco" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2022. Consultado o 18 de novembro de 2022. .

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search