Peer-to-peer

Unha rede Peer-to-Peer que interconecta nodos ("peers") para poder intercambiar recursos sen ser preciso usar unha rede centralizada.

Peer-to-peer (par con par), refírese en xeral á interrelación directa de dous elementos que posúen a mesma xerarquía.

Aplícase en informática á comunicación peer-to-peer (entre 2 iguais), coa característica engadida de que a comunicación/información viaxa directamente desde unha computadora á outra sen ser interinamente almacenada nun servidor.

En xeral, unha rede informática entre iguais (en inglés peer-to-peer e máis coñecida como P2P) refírese a unha rede que non ten clientes e servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan á vez como clientes e como servidores dos demais nodos da rede. Este modelo de rede contrasta co modelo cliente-servidor. Calquera nodo pode iniciar ou completar unha transacción compatíbel. Os nodos poden diferir en configuración local, velocidade de proceso, ancho de banda da súa conexión á rede e capacidade de almacenamento.

Debido a que a maioría dos ordenadores persoais non teñen un IP fixo, senón que llo asigna o provedor (ISP) no momento de conectarse a Internet, non poden conectarse entre si porque non saben a priori os enderezos que han usar. A solución habitual é realizar unha conexión a un servidor (ou servidores) con enderezo coñecido (normalmente IP fixo), que se encarga de manter a relación de enderezos IP dos clientes da rede, dos demais servidores e habitualmente información adicional, como un índice da información de que dispoñen os clientes. Tras isto, os clientes xa teñen información sobre o resto da rede, e poden intercambiar información entre si, xa sen intervención dos servidores.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search