Peso chileno

Para outras moedas coa mesma denominación, véxase Peso (moeda).
Peso chileno
Código:CLP
Ámbito: Chile
Símbolo:$
Fracción:100 centavos (non vixente)
Moedas:1, 5, 10, 50, 100, 500 pesos.
Billetes:500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos.
Emisor:Banco Central de Chile.
Taxa de troco:
24-4-2020 [1]
1 EUR = 925,81 CLP
1 USD = 858,87 CLP
Troco actual

O peso chileno (código CLP; símbolo $) é a moeda de curso legal da República de Chile.[2][3] Estableceuse en 1818, como primeira moeda nacional do país logo da súa independencia, e en 1851 incorporouse o centavo como unidade divisionaria de carácter decimal.

Este primeiro peso mantívose como a moeda de curso legal en Chile ata o 31 de decembro de 1959, cando foi substituído polo escudo.[4] Posteriormente, o Decreto lei 1123 de 1975 reintroduciu o peso como unidade monetaria nacional a partir do 29 de setembro dese ano, cunha taxa de conversión dun peso chileno novo por cada mil escudos.[3] A subdivisión en centavos mantívose ata o 1 de xaneiro de 1984, cando a contabilidade se empezou a levar unicamente en pesos enteiros, eliminando os centavos.[5]

Historicamente, o peso chileno cuñouse na Casa da Moeda de Chile (1743) e a súa emisión está regulada polo Banco Central de Chile (1925).[6]

  1. Sitio web do Banco Central de Chile
  2. "Chilean Peso". eXchangeRate.com
  3. 3,0 3,1 "Decreto Lei 1123". Ministerio de Facenda de Chile. 4 de agosto de 1975.
  4. "Lei 13305 de 1959". Ministerio de Facenda de Chile. 6 de abril de 1959.
  5. "Lei 18267 de 1983". Ministerio de Facenda de Chile. 2 de decembro de 1983.
  6. "Lei 18840: orgánica constitucional do Banco Central de Chile". Ministerio de Facenda de Chile. 10 de outubro de 1989.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search