Polbo

Polbo

Polbo común (Octopus vulgaris)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Octopodiformes
Orde: Octopoda
Leach, 1818[1]
Subordes
Sinonimia
  • Octopoida
    Leach, 1817[2]

Os polbos[3] son moluscos mariños cefalópodos, formando a orde Octopoda, que significa "oito pés". Son animais mariños e carnívoros. Carecen de cuncha e a súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Como o resto dos cefalópodos, o polbo ten un corpo mol mais non ten esqueleto interno (como as luras) nin externo (como o náutilo). Como medio de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta (conseguida a través dos cromatóforos) e a autonomía dos seus tentáculos.

A pesar da crenza popular, un novo estudo indica que os polbos, os invertebrados máis complexos psicoloxicamente, poden experimentar dor emocional dun xeito similar aos mamíferos.[4]

  1. "ITIS Report: Octopoda Leach, 1818". Itis.gov. 10 de abril de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  2. "Coleoidea – Recent cephalopods". Mikko's Phylogeny Archive. 
  3. "Entrada polbo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017. 
  4. Crook, Robyn J. (2021-03-19). "Behavioral and neurophysiological evidence suggests affective pain experience in octopus". iScience (en English) 24 (3). ISSN 2589-0042. doi:10.1016/j.isci.2021.102229. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search