República Portuguesa (pt) Portugal (pt) ![]() | |||||
Himno | A Portuguesa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Portus Cale ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Lisboa (1385–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Azores Distrito da Guarda Distrito de Aveiro Distrito de Beja Distrito de Braga Distrito de Braganza Distrito de Castelo Branco Distrito de Coimbra Distrito de Faro Distrito de Leiria Distrito de Lisboa Distrito de Portalegre Distrito de Santarém Distrito de Viana do Castelo Distrito de Vila Real Distrito de Viseu Distrito de Évora Distrito do Porto Rexión Autónoma da Madeira Setúbal ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.347.892 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa lingua mirandesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 92.225 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Montanha do Pico (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de maio de 1179 ![]() | ||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república (1910–) ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Marcelo Rebelo de Sousa (2016–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Governo da República Portuguesa (pt) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Luís Montenegro (2024–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea da República , (Escano: 230) ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal de Justiça de Portugal (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 253.982.847.571 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .pt ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +351 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 ![]() | ||||
Código de país | PT ![]() | ||||
Código NUTS | PT ![]() | ||||
Sitio web | portugal.gov.pt ![]() | ||||
![]() |
Portugal[1] (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.
A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.
O imperio portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional viuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.
Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida.[2] É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search