Portugal

Modelo:Xeografía políticaPortugal
República Portuguesa (pt)
Portugal (pt) Editar o valor em Wikidata

HimnoA Portuguesa Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°N 9°O / 39, -9Coordenadas: 39°N 9°O / 39, -9
CapitalLisboa (1385–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.347.892 (2021) Editar o valor em Wikidata (112,2 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa
lingua mirandesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie92.225 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMontanha do Pico (pt) Traducir (2.351 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación23 de maio de 1179 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública (1910–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataMarcelo Rebelo de Sousa (2016–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoverno da República Portuguesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataAntónio Costa (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea da República , (Escano: 230) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupremo Tribunal de Justiça de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal253.982.847.571 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.pt Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+351 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísPT Editar o valor em Wikidata
Código NUTSPT Editar o valor em Wikidata

Páxina webportugal.gov.pt… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX4575378

Portugal[1] (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O imperio portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional viuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida.[2] É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portugués.
  2. The Economist, ed. (2005). "The Economist Intelligence Unit's quality-of-life index" (PDF) (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search