Premio do Sindicato de Actores

Premio do Sindicato de Actores
Tipogrupo de premios
Data de fundación1995
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.sagawards.org
IMDB: ev0000598 Facebook: sagawardsofficialpage Twitter: SAGawards Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os Premios do Sindicato de Actores (en inglés Screen Actors Guild Awards) son uns premios cinematográficos anuais outorgados polo Sindicato de Actores (SAG) dos EUA para recoñecer as principais interpretacións realizadas polos seus membros.

Estes premios convertéronse dende os seus comezos no 1995 nun dos principais eventos cinematográficos do ano en Hollywood. Os candidatos aos premios son nomeados por 4.200 membros escollidos ó chou entre os máis de 120.000 membros cos que conta o Sindicato (datos do ano 2007). Os premios foron televisados os últimos anos pola cadea de cable TNT, así como pola TBS.

A gala inaugural dos Premios do Sindicato de Actores tivo lugar o 25 de febreiro de 1995.

O premio que se outorga leva como nome O actor.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search