Primates

Primates
Primates

Rango fósil: Paleoceno - Actualidade

Fotos de especies dalgunhas familias de primates: Daubentoniidae, Tarsiidae, Lemuridae, Lorisidae, Cebidae, Callitrichidae, Atelidae, Cercopithecidae, Hylobatidae e Hominidae.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia ou Eutheria
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Primates
Linnaeus, 1758
Distribución dos primates (non humanos) en verde
Distribución dos primates (non humanos) en verde

Distribución dos primates (non humanos) en verde
Familias

A dos primates (Primates) é unha orde de mamíferos placentarios que abrangue 480 especie reunidas en 78 xéneros de prosimios e simios.[1].

Os primates xorden de antecesores que viviron en árbores de bosques tropicais e iso implica que as súas principais características débense a adaptacións a complexas contornas tridimensionais. A meirande parte das especies de primates seguen sendo, cando menos parcialmente, arbóreas. Todos os primates teñen cinco dedos (pentadactilidade), un patrón dental común e un primitivo (non especializado) deseño corporal.

Agás os humanos, que habitan en todos os continentes, a meirande parte dos primates viven nas rexións do trópico e subtrópico de América, África e Asia.

Varían en tamaño dende tan só 30 gramos do Microcebus berthae, aos 200 kg do Gorilla beringei graueri.

Segundo o rexistro fósil, os antecesores primitivos dos primates deberon existir dende finais do Cretáceo, hai 64 millóns de anos. Un dos fósiles máis próximos aos primates é Plesiadapis e data de entre 55-58 millóns de anos, a finais do Paleoceno. Estudos con reloxo molecular indican que a liña dos primates podería ser aínda máis antiga, orixinándose a mediados do Cretáceo, hai 85 millóns de anos.

A orde dos primates estivo tradicionalmente dividida en dous grupos principais:

Os prosimios teñen características máis semellantes aos dos primeiros primates e inclúe a especies como son os lémures, lorisoideos e tarseiros.

Os simios inclúen aos monos, simios e humanos. Arestora a orde dos Primates divídese en dúas subordes:

Esta división baséase na estrutura do nariz e do labio superior. A primeira suborde conta con orificios nasais externos rodeados por unha zona de pel espida e o beizo superior divídese en dous pola súa liña media, todo o cal fai que a expresión do rostro sexa limitada; pola contra, nos haplorrinos o beizo superior é continuo e móbil, e non existe unha zona de pel núa que rodee os orificios nasais, todo o cal facilita unha maior expresividade facial.

Os simios divídense en dous grupos:

  • catarrinos, que son monos e simios de África e o sueste de Asia
  • platirrinos, que son os monos do Novo Mundo e residen en América do Sur e central

Os catarrinos son os monos do Vello Mundo, como os babuínos e os macacos), os xibóns e os grandes simios. Os monos do Novo Mundo inclúen aos monos cebinos, monos ouveadores e monos esquío. Os humanos son os únicos catarrinos que se teñen expandido fóra de África, Asia do Sur e da Asia oriental con éxito; malia que os restos fósiles si mostran que houbo outras especies que o foran e estiveran presentes en Europa.

Aínda se están a descubrir novas especies de primates. Na década do 2000 descubríronse e clasificáronse taxonomicamente 25 especies e outras 11 na década do 2010.

  1. [1] Perelman P, Johnson WE, Roos C, Seuánez HN, Horvath JE, et al. (2011) A Molecular Phylogeny of Living Primates. PLoS Genet 7(3): e1001342. doi:10.1371/journal.pgen.1001342

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search