Proterozoico

Supereón Eón[1] Millóns de anos
  Fanerozoico 542,0 ±1,0
Precámbrico Proterozoico 2.500
Arcaico 3.800
Hadeico ca. 4.570
Estromatólitos dos Andes Orientais en Cochabamba (Bolivia).

Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e último dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, polo tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos.[2][3] e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.

O eón Proterozoico sucede ao eón Arcaico e precede o eón Fanerozoico. Divídese en tres eras: Paleoproterozoico (2.500 - 1.600 millóns de ahos), Mesoproterozoico (1.600 - 1.000 millóns de anos) e Neoproterozoico (1.000 - 542,0 ±1,0 millóns de anos).

Os acontecementos mellor identrificados desta época son:

  • A transición a unha atmosfera osixenada, que se produciu probablemente durante o Mesoproterozoico, a Grande Oxidación.
  • Varias glaciacións, das que a máis severa produciuse durante o Neoproterozoico.
  • O período ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.
  • No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.
  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio de da International Commision on Stratigraphy, en "Standard Color Codes for the Geological Time Scale".
  2. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  3. "International Stratigraphic Chart, 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search