Real Oviedo

Real Oviedo
NomeReal Oviedo, S.A.D.
Alcume(s)Carbayones
Azules
Oviedín
Godos
Fundación26 de marzo de 1926 (98 anos)
EstadioCarlos Tartiere,
Oviedo, España
Inauguración20 de setembro de 2000
Capacidade30.500
Propietario Grupo Carso
PresidenteEspaña Jorge Menéndez Vallina
AdestradorEspaña Cuco Ziganda
LigaSegunda División
2022–238.º
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.realoviedo.es/
Facebook: RealOviedo Twitter: RealOviedo Instagram: realoviedo Youtube: UCvpFN8tLnBsjPR2BCJ-FJQA TikTok: realoviedo Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Real Oviedo é un equipo de fútbol da cidade de Oviedo (Asturias), fundado no 26 de marzo de 1926 da fusión de dous clubs que mantiveran pugna durante anos na cidade: o Real Stadium Club Ovetense e o Real Club Deportivo de Oviedo. É Sociedade anónima deportiva dende 1992 e o seu primeiro e máis emblemático presidente foi Carlos Tartiere.

Xogou durante 38 tempadas na Primeira División e 32 en Segunda División, e as súas cotas máximas foron tres terceiras posicións en Primeira División, unha Copa da Liga de Segunda División en 1985 e xogar a Copa da UEFA en 1991. Ademais, foi o primeiro equipo asturiano en xogar en Primeira, en 1933.

Actualmente xoga na Segunda División Española e o seu estadio, o novo Carlos Tartiere (c/ Ricardo Vázquez Prada, s/n 33013 Oviedo) con 30.500 localidades de asento, é o máis impresionante desa categoría debido a que se construíu mentres o equipo estaba en Primeira. Pese ao descenso no número de espectadores, a afección non abandonou completamente o seu equipo, establecendo o récord de socios (12.700) e de asistentes (27.000) a un partido de Terceira División, así como o de desprazados para un partido de devandita categoría en campo alleo (máis de 4.000).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search