Real Zaragoza

Real Zaragoza
NomeReal Zaragoza, S.A.D.
Alcume(s)Blanquillos;
Maños
Fundación18 de marzo de 1932 (92 anos)
EstadioLa Romareda,
Zaragoza, España
Inauguración8 de setembro de 1957
Capacidade34.596
PropietarioFundación Zaragoza 2032
PresidenteEspaña Christian Lapetra
AdestradorEspaña Víctor Fernández
LigaSegunda División
2018/1915.º
Na rede
http://www.realzaragoza.com/
Facebook: RealZaragozaOficial Twitter: RealZaragoza Instagram: realzaragoza LinkedIn: real-zaragoza Youtube: UCWDuLns0JJjIZIkYjbFGq_w TikTok: realzaragoza Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Zaragoza é un club de fútbol español da cidade de Zaragoza (Aragón). Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente compite na Segunda División.

É o 9º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] completando 55 tempadas na devandita categoría. Foi subcampión nunha ocasión e conta ademais con 6 títulos de Copa, unha Supercopa de España e, a nivel europeo, unha Recopa e unha Copa de Feiras, ademais de numerosas participacións para competicións continentais.

O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]

Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 . É o 7º equipo en número de afeccionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.

  1. "Clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol". webprincipal.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  2. "O Club do Século de Europa". IFFHS. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  3. "Clasificación Mundial dos Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  4. "Clasificación histórica do Ranking Mundial de Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  5. "Enquisa CIS sobre equipos de fútbol". CIS. Consultado o 15 de xaneiro de 2009. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search