Rembrandt

Infotaula de personaRembrandt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Rembrandt Harmenszoon van Rijn Editar o valor em Wikidata
15 de xullo de 1606 Editar o valor em Wikidata
Leiden Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1669 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Ámsterdam Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWesterkerk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCasa de Rembrandt (pt) Traducir (1639–1658) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeProvincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo neerlandés Editar o valor em Wikidata
RelixiónCalvinismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden - numeração das artes (pt) Traducir (1620–1621)
Stedelijk Gymnasium Leiden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Ámsterdam (1631–1669)
Leiden (1625–1631)
Ámsterdam (1623–1625)
Leiden (1620–1624) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor (1625–1669), augafortista , coleccionista , coleccionista de arte , debuxante , gravador , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1625 Editar o valor em Wikidata - 1669 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato pictórico, pintura relixiosa, pintura mitolóxica, pintura de xénero, Pintura de historia, autorretrato, Arte de paisaxes, retrato, Tronie (pt) Traducir, Natureza morta, Vanitas, hunting still life (en) Traducir, arte mitolóxica e winter landscape (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do século de ouro dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoA Corpus of Rembrandt Paintings VI (en) Traducir (2014)
Rembrandt catalogue raisonné, 1914 (en) Traducir (1914)
Rembrandt catalogue raisonné, 1968 (en) Traducir (1968)
Rembrandt catalogue raisonné, 1935 (en) Traducir (1935)
Rembrandt catalog raisonné, 1986 (en) Traducir (1986)
Rembrandt catalogue raisonné, 1908 (en) Traducir (1908)
The Complete Paintings of Rembrandt (en) Traducir (1969)
Rembrandt Life & Work (en) Traducir (1948) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJacob van Swanenburg (pt) Traducir, Pieter Lastman (pt) Traducir, Joris van Schooten (pt) Traducir e Jan Symonsz. Pynas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAert de Gelder../... 40+ (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSaskia van Uylenburgh (1634–1642), morte do cónxuxe
ParellaHendrickje Stoffels (pt) Traducir (1647–1663)
Geertje Dircx (en) Traducir (1643–1649) Editar o valor em Wikidata
FillosTitus van Rijn (pt) Traducir
 () Saskia van Uylenburgh (pt) Traducir
Cornelia van Rijn
 () Hendrickje Stoffels (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHarmen Gerritszoon van Rijn Editar o valor em Wikidata  e Neeltgen Willemsdr. van Rijn Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1721483 Musicbrainz: 561856c5-2f55-4127-8eb9-c19cec9126dc Discogs: 2240926 WikiTree: Van_Rijn-1 Find a Grave: 6238810 Editar o valor em Wikidata
A Rolda de noite, 1642. A pintura de Rembrandt é revolucionaria, substitúe o tradicional retrato en grupo, estático e harmoniosamente ordenado, por un fragmento vital, desordenado e tumultuoso.

Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país[1]. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio.

Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica. Os seus debuxos e pinturas foron sempre moi populares, gozando tamén de gran predicamento entre os artistas, e durante vinte anos converteuse no mestre de practicamente todos os pintores neerlandeses[2]. Entre os maiores logros creativos de Rembrandt están os maxistrais retratos que realizou para os seus contemporáneos, os seus autorretratos e as súas ilustracións de escenas bíblicas. Nos seus autorretratos, especialmente, atopamos sempre a mirada humilde e sincera dun artista que trazou neles a súa propia biografía.[1]

Nas primeiras composicións de Rembrandt está presente a influencia de Caravaggio, pero xa dende pronto afirma a súa linguaxe persoal, onde a atmosfera dourada e os efectos luminosos con figuras que emerxen das sombras caracterizan a súa pintura ata presentar a realidade desfigurada. A súa percepción psicolóxica humaniza tanto os protagonistas dos seus abondosos retratos como os personaxes de escenas bíblicas. A espiritualidade das súas pinturas, con formas cada volta máis desfiguradas, faise compatible coa realidade material.

Rembrandt tiña un profundo coñecemento da iconografía clásica, e nas súas pinturas e gravados adoitaba interpretala libremente para axustala á súa propia experiencia. Así, na representación dunha escena bíblica Rembrandt adoitaba combinar o seu propio coñecemento do texto co seu particular concepto da composición clásica e algunhas observacións anecdóticas da poboación xudía de Ámsterdam.[3] Pola empatía con que retratou a condición humana, Rembrandt foi considerado "un dos grandes profetas da civilización".[4]

Ningún artista combinou nunca tan delicada habilidade con tanta enerxía e poder.[5]
O seu tratamento da humanidade soborda de simpatía.[6]

As dúas etapas da vida de Rembrandt (a próspera e a adversa) reflíctense nas súas obras, e moi especialmente nos autorretratos. Mentres que os primeiros son alegres e brillantes, os dos últimos anos teñen un carácter moito máis sereno e escuro, cunha profundidade superior. Todas as súas obras son plenamente barrocas, e están dominadas pola acción, o dramatismo e un realismo derivado da observación do mundo que o rodeaba.

  1. 1,0 1,1 Gombrich 1995, p. 420
  2. Clark 1978, p. 203
  3. Clark 1978, p. 203-4
  4. Clark 1978, p. 205
  5. Diccionario biográfico Chambers.
  6. J.O.Thorne, 1962.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search