Rock progresivo

Rock progresivo
Pink Floyd en 1973
Orixe musicalrock psicodélico, jazz fusion, blues rock, hard rock, folk rock, músicas do mundo, música electrónica, música clásica, free jazz
Orixe culturalmediados-finais dos 60 no Reino Unido, Estados Unidos, Italia e Alemaña
Instrumentos típicosguitarra, baixo, teclados, piano, batería
DerivadosKrautrock, música new age, math rock, post-rock, space music, new wave
Subxéneros
metal progresivo, rock sinfónico, rock neo-progresivo, new prog, space rock, krautrock, zeuhl

O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos entre mediados e finais dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros.

O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras. As partes instrumentais adoitan a ser comúns, mentres que as cancións con letra tenden a ser conceptuais, abstractas ou baseadas na fantasía.

O xénero desenvolveuse a finais dos anos 60 a partir do rock psicodélico, como parte dunha ampla tendencia na música rock desa época de inspirarse en cada vez máis diversas influencias. O termo foi inicialmente aplicado á música de bandas como Pink Floyd, King Crimson, Yes, Genesis, Jethro Tull, Soft Machine e Emerson, Lake & Palmer, acadando a súa máxima popularidade a mediados dos anos 70.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search