Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2013.) |
Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Cebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.
O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search