Santo Graal

Galahad no castelo de Corbin, co santo graal: ilustración de Arthur Rackham, 1917
O graal do Cebreiro

O Santo Graal, segundo un conxunto de lendas e mitos cristiáns, é o cáliz onde Xesucristo serviu o viño na Derradeira Cea. Isto deu lugar a unha materia (temática) específica na literatura medieval, dentro da cal os heroes artúricos (os cabaleiros da Mesa Redonda) debían ir buscar o Graal polo mundo, pois este obxecto tería enormes poderes. A tradición conta que foi Perceval o que o atopou, mentres que trala cristianización do mito sería Galaaz quen o fixo. Unha das lendas que chegaron ata os nosos días conta que o cáliz está localizado no Cebreiro.

O Santo Graal é un dos símbolos máis antigos de Galicia, aparecendo no escudo de Reino de Galicia dende o século XIII.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search