Semana Santa

Procesión en Santiago de Compostela o Martes Santo.
Procesión do Silencio en Zamora.
Imaxe da morte de Xesucristo na Semana Santa sevillana.

A Semana Santa é unha celebración cristiá que conmemora a Paixón de Cristo, que engloba a entrada en Xerusalén, a Última Cea, o viacrucis, morte e a resurrección de Xesucristo. A súa data de celebración é variable, entre marzo e abril. Dá comezo co Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurrección, aínda que a súa celebración iníciase en varios lugares o venres anterior ao Domingo de Ramos, coñecido como Venres de Dores.

Durante a Semana Santa teñen lugar numerosas mostras de relixiosidade popular por todo o mundo, destacando as procesións, as penitencias e as representacións da Paixón, morte e resurrección de Xesús.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search