Ser vivo

Os gatos e as árbores son seres vivos.

Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se interactúan co ambiente intercambiando materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural.

A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas.

Estas moléculas repítense constantemente dentro dos seres vivos, polo que a orixe da vida procede dun antecesor común que existiu hai millóns de anos sobre a Terra.

Tódolos seres vivos están constituídos por células. No interior das cales se realizan as secuencias de reaccións químicas necesarias para a vida.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search