Shahada

A Shahada, tamén Šehadet (en árabe: الشهادة aš-šahādah as-shahadah.ogg escoitar ), significa "coñecer e crer sen sospeita, como testemuña"; é o nome do credo islámico. A Shahadah é a declaración da crenza musulmá nun só Deus (tawhid) e a aceptación de Mahoma como o seu profeta. A declaración sunnita di:

لا إله إلا الله محمد رسول الله lā ʾilāha ʾillallāh, Muḥammad rasūlu-llāh (en árabe)
Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta. (en galego)

Na tradición dos musulmáns xíitas,[1] engádese "وعليٌ وليُّ الله" (wa ʿAli-yyun wali-yyu-llāh), é dicir: "Alí é o wali (vicexerente) de Deus", aínda que os estudosos xíitas non o consideran obrigatorio.

  1. "The Origin of the Sunni/Shia split in Islam". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 04 de marzo de 2011. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search