Siddhartha Gautama

Infotaula de personaTathāgata Editar o valor em Wikidata
Siddhartha Gautama

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. ↔ século V a. C. Editar o valor em Wikidata
Lumbini (Shakya) Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VI a. C. ↔ século IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Kushinagar (Malla) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaIndia
Nepal Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeShakya Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, relixión, Sozialreform oder Revolution?, Paz, Mente e Filosofía oriental Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbhikkhu , reformador social , spiritual teacher (en) Traducir , psiquiatra , psicólogo , escritor , father of faith (en) Traducir , líder relixioso , filósofo , predicador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoMahajanapada Editar o valor em Wikidata
MovementoNobre Caminho Óctuplo (pt) Traducir, Nirvana e Dharma Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAlara Kalama (en) Traducir e Mah maudgalyana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosKhema (en) Traducir, Bimbisara (pt) Traducir, Gyalpo Dawa Zangpo (en) Traducir, Sharibu (en) Traducir, Maitreya-nātha (en) Traducir, Gawo (en) Traducir, Lobpön Magakpa (en) Traducir, Küngawo (en) Traducir, Drachompa Nyewa Khor (en) Traducir e Mah maudgalyana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaPrácrito magádi (pt) Traducir, Lingua pali e Lingua sánscrita Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Celebraciónbudismo Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoPhysical characteristics of the Buddha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamília do Buda Gautama (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeYashodhara
FillosRahula (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSuddhodana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNanda (en) Traducir e Sundari Nanda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Siddhārtha's farewell to Channa and Kanthaka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX840627
Príncipe Siddharta, Gandhara, século II

Siddhārtha Gautama (este é o nome en sánscrito, sendo Siddhāttha Gotama en pali) foi un príncipe, asceta, meditador, ermitán e mestre espiritual que viviu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya - que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India. Sobre a base dos seus ensinos fundouse o budismo,[1][2][3] e é venerado polos budistas como un ser plenamente iluminado que ensinou un camiño cara ao Nirvana (lit. desaparición ou extinción), a liberación da ignorancia, o apego, o renacemento e o sufrimento. Ensinou principalmente no noroeste do subcontinente indio durante uns corenta anos.[4] O seu ensino baséase nunha visión do sufrimento e o fin do sufrimento (nirvāṇa). É recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era.

Segundo a tradición budista, naceu en Lumbini no que é actualmente o Nepal, no seo dunha familia aristocrática na xa desaparecida república Sakia. Renunciou á vida laica e, despois de varios anos de mendicidade, meditación e ascetismo, experimentou un espertar espiritual. Polo tanto, coñéceselle co título de Buda, que significa «O Esperto».[5] Logo, o Buda viaxou pola chaira ganxética ensinando e construíndo unha comunidade relixiosa que incluía homes e mulleres, laicos e monásticos.

O Buda ensinou un camiño medio entre a compracencia sensual e o ascetismo estrito (practicado no movemento Sramano) común a esta rexión da India.[6] O seu camiño espiritual incluía adestramento ético e prácticas meditativas como a diana e atención plena. O Buda tamén criticou as prácticas dos sacerdotes brahmanes, como o sacrificio de animais. Morreu en Kushinagar, alcanzando o paranirvana. Desde entón foi venerado por numerosas relixións e comunidades ao longo de Asia.

Varios séculos despois da súa morte, a comunidade budista recompilou as súas ensinanzas en extensas coleccións, os Discursos (Sutras) e os Códigos Monásticos (Vinaia). Estas ensinanzas foron transmitidas en dialectos prácritos como o pali, a través dunha tradición oral nas diversas comunidades que se espallaron pola India.[7][8] As xeracións posteriores compuxeron textos adicionais, como tratados sistemáticos (Abhidharma), biografías de Buda, coleccións de historias curtas sobre as súas vidas pasadas (Jataka) e discursos adicionais (os Mahayana sutras).[9][10]

  1. Gethin (1998), pp. 5, 9, 10, 14.
  2. Strong, J.S. (2001), p. 1.
  3. Warder 2000, p. 45.
  4. Strong, J.S. (2001), p. 131.
  5. Gethin (1998), p. 8.
  6. Laumakis 2008, p. 4.
  7. Gethin (1998), pp. 40–41.
  8. Warder 2000, p. 4-7, 44.
  9. Warder 2000, p. 4.
  10. Cox, Collett (2003). "Abidharma", en: Buswell, Robert E. ed. Enciclopedia do Budismo, Nova York: Macmillan Reference Lib. pp. 1–7. ISBN 0028657187.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search