Spirillum

Este artigo trata sobre o xénero bacteriano Spirillum. Para as bacterias con forma espiral ver espirilo.

En microbioloxía Spirillum é o nome dun xénero de bacterias gramnegativas da clase Betaproteobacteria con células de forma espiral (espirilos),[1] que xeralmente viven en augas encoradas ricas en materia orgánica. Anteriormente o xénero tiña moitas especies[2]pax.56-57, que foron despois separadas, e actualmente só hai dúas especies seguras no xénero: Spirillum volutans e Spirillum winogradskyi.[3]

Spirillum é o único xénero da familia Spirillaceae (Espiriláceas)[4], e S. volutans é a especie tipo do xénero. Dáse a circunstancia de que a cepa tipo ATCC 19554 da especie S. volutans xa non se conserva, polo que se propuxo que a nova especie tipo do xénero sexa S. winogradskyi.[5]

Inicialmente dentro do xénero Spirilum incluíanse moitas máis especies con forma espiral, que despois foron pasándose a outros xéneros. Unha delas, que aínda se menciona na literatura, é a especie Spirillum minus, descrita como espirilo ou espiroqueta, cuxa posición taxonómica é insegura e non aparece xa na lista actual da LPSN.[1] Esta bacteria está asociada á febre por mordedura de rata[6][7]. Este espirilo foi inicialmente encadrado no xénero Spirilum (por Carter en 1888, e chamóuselle ao principio S. minor[8]), pero parece que está máis relacionado con Aquaspirillum ou Campylobacter.[2]pax.63-66

  1. 1,0 1,1 Garrity, George M.; Brenner, Don J.; Krieg, Noel R.; Staley, James T. (eds.) (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume Two: The Proteobacteria, Part C: The Alpha-, Beta-, Delta-, and Epsilonproteobacteria. New York, New York: Springer. pp. 354–361. ISBN 978-0-387-24145-6.
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Krieg
  3. Xénero Spirilum J.P. Euzéby. "LPSN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  4. Familias de Proteobacterias J.P. Euzéby. "LPSN List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  5. Podkopaeva (D.), Grabovich (M.), Kuever (J.), Lysenko (A.M.), Tourova (T.P.), Kolganova (T.V.) and Dubinia (G.): Proposal of Spirillum winogradskyi sp. nov., a novel microaerophilic species, an amended description of the genus Spirillum and Request for an Opinion regarding the status of the species Spirillum volutans Ehrenberg 1832. Int. J. Syst. Evol. Microbiol., 2009, 59, 2916-2920. [1]
  6. Gaastra W, Boot R, Ho HT, Lipman LJ (2008). "Rat bite fever". Vet. Microbiol. 133 (3): 211–28. PMID 19008054. doi:10.1016/j.vetmic.2008.09.079. 
  7. Dendle C, Woolley IJ, Korman TM (2006). "Rat-bite fever septic arthritis: illustrative case and literature review". Eur. J. Clin. Microbiol. Infect. Dis. 25 (12): 791–7. PMID 17096137. doi:10.1007/s10096-006-0224-x. 
  8. Carter, H. V. 1888. Note on the occurrence of a minute blood-spirillum in an Indian rat. Sci. Mem. Offrs. Army India 3:45-48.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search