Terra

Terra
A Terra vista dende o espazo; imaxe coñecida como a bóla azul, captada pola tripulación do Apollo 17 o 7 de decembro de 1972
Designacións
Pronunciación[ˈtɛ.rɐ]
Símbolo🜨 e ♁
Características orbitais
Época J2000 [a]
Afelio152 097 701 km [b]
(1,0167103 UA)
Perihelio147 098 074 km [b]
(0,9832899 UA)
149 598 261 km [2]
(1,00000261 UA)
Raio órbital medio
0,999855 UA
149 597 870,691 km
Excentricidade0.01671123 [2]
365,256363004 días [3]
1,000017421 AJ
29,78 km/s [4]
107 200 km/h
358.617°
Inclinación
  • 7,155° respecto ó ecuador do Sol;
  • 1,57869° [5] respecto ó plano invariable;
  • 0,00005° respecto á eclíptica J2000
Lonxitude do nodo ascendente
-11,26064° [4][c] á eclíptica J2000
2 de xaneiro de 2021 13:59 [6]
Argumento do perihelio
114,20783° [4]
Satélites coñecidos
Características físicas
Raio medio
6 371,0 km [7]
6 378,1 km [8][9]
Raio polar
6 356,8 km [10]
Achatamento0,0033528 [11]
1/298.257222101 (ETRS89)
Circunferencia
  • 40 075,017 km ecuatorial [9]
  • 40 007,86 km meridional [12][d]
  • 510 072 000 km2 [13][e]
  • 148 940 000 km2 terra (29,2 %)
  • 361 132 000 km2 auga (70,8 %)
Volume1,08321×1012 km3 [4]
Masa5,9736×1024 kg [14]
Densidade media
5,515 g/cm3 [4]
9,780327 m/s [15]
0,3307 [16]
11,186 km/s [4]
0,99726968 d [17]
(23h 56m 4,100s)
Velocidade de rotación ecuatorial
0,4651 km/s [18]
23°26′21″ 0,4119 [3]
Albedo
  • 0,367 (xeométrico) [4]
  • 0,306 (de Bond) [4]
Temperatura superficial mín media máx.
Kelvin 184 K [19] 287,16 K [20] 330 K [21]
Celsius −89,2 °C 14,0 °C 56,7 °C
Atmosfera
Presión atmosférica na superficie
101,325 kPa (m s. n. m.)
Composición por volume

A Terra[24] (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida.[25] É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar. Tamén é o maior dos catro terrestres.

A Terra formouse hai aproximadamente 4 550 millóns de anos e a vida xurdiu uns mil millóns de anos despois.[26] A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra.[27] As propiedades físicas da Terra, a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera.[28][29][30]

A superficie terrestre ou codia está dividida en varias placas tectónicas que se deslizan sobre o magma durante períodos de varios millóns de anos. A superficie está cuberta por continentes e illas, estes posúen varios lagos, ríos e outras fontes de auga, que, xunto cos océanos de auga salgada, representan cerca do 71% da superficie e constitúen a hidrosfera. Non se coñece ningún outro planeta con este equilibrio de auga líquida,[f] que é indispensable para calquera tipo de vida coñecida. Os polos da Terra están cubertos na súa maioría de xeo sólido (Inlandsis da Antártida) ou de banquisas (casquete polar ártico). O interior do planeta é xeoloxicamente activo, cunha grosa capa de manto relativamente sólido, un núcleo externo líquido que xera un campo magnético, e un núcleo interior sólido composto aproximadamente dun 88% de ferro.[32]

A Terra interactúa gravitatoriamente con outros obxectos no espazo, especialmente o Sol e a Lúa. Na actualidade, a Terra completa unha órbita ao redor do Sol cada vez que realiza 366,26 xiros sobre o seu eixe, o cal é equivalente a 365,26 días solares ou a un ano sideral.[g] O eixe de rotación da Terra atópase inclinado 23,4° con respecto á perpendicular do seu plano orbital, o que produce as variacións estacionais na superficie do planeta cun período dun ano tropical (365,24 días solares). A Terra posúe un único satélite natural, a Lúa, que comezou a orbitar a Terra hai 4 530 millóns de anos; esta produce as mareas, estabiliza a inclinación do eixe terrestre e reduce gradualmente a velocidade de rotación do planeta. Hai aproximadamente entre 3 800 a 4 100 millóns de anos, durante o chamado bombardeo intenso tardío, numerosos asteroides impactaron na Terra, causando significativos cambios na maior parte da súa superficie.

Tanto os recursos minerais do planeta como os produtos da biosfera proporcionan materias primas que se utilizan para soster á poboación humana mundial. Os seus habitantes están agrupados nuns 200 estados soberanos independentes, que interactúan a través da diplomacia, as viaxes, o comercio, e a acción militar. As culturas humanas desenvolveron moitas ideas sobre o planeta, incluída a personificación dunha deidade, a crenza nunha Terra plana ou na Terra como centro do universo, e unha perspectiva moderna do mundo como unha contorna integrada que require administración.

A súa distancia media ó Sol é considerada a unidade astronómica (UA), igual a 149 597 870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011 m.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Wilkinson2009
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome standish_williams_iau
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome IERS
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome earth_fact_sheet
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Allen294
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Park-Chamberlin
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome hbcp2000
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome usno
  9. 9,0 9,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome WGS-84
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome cazenave_ahrens1995
  11. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome IERS2004
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome WGS-84-2
  13. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Pidwirny 2006_8
  14. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Luzum2011
  15. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NIST2008
  16. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Williams1994
  17. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Allen296
  18. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Cox2000
  19. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome asu_lowest_temp
  20. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome kinver20091210
  21. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome asu_highest_temp
  22. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NOAA2015
  23. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NOAA2020
  24. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terra.
  25. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome science_241_4872_1441
  26. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome age_earth1
  27. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Harrison 2002
  28. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome science310_5756_1947
  29. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome jaes23_799
  30. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ajes38_613
  31. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Tinetti2007
  32. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Nación2013

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search