Transexualidade

Amanda Lepore, transexual.

O transexual é un dos colectivos representados no acrónimo LGTBI. Unha persoa transexual é aquela cuxa identidade de xénero non coincide coa asignada no momento do nacemento a partir da súa morfoloxía xenital.

A palabra transexual identifica a quen se someteu a procedementos médicos cirúrxicos e endócrino para axustar o seu corpo á súa identidade de xénero. Quen non pasa por procedementos médicos é denominado persoa transxénero. Porén, o concepto transexual adoita aplicarse a ambas as dúas realidades. Ademais da adecuación corporal ao seu corpo, as persoas transexuais experimentan tamén un proceso de transición psicolóxica e social para adecuarse á súa identidade de xénero.[1]

As mulleres transexuais son aquelas que naceron cuns xenitais considerados masculinos e foron socializadas como homes. Os homes transexuais son aqueles que naceron cuns xenitais considerados femininos e foron socializados como mulleres.

  1. Roa, Alberto. "Preguntas frecuentes - Identidad de género: transexualidad". www.fundaciontriangulo.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2017. Consultado o 2019-02-01. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search