A troneira (de trom ou do castelán tronera), en arquitectura militar, é unha abertura circular, en forma de cruz, nunha muralla ou nunha amea, propia para recibir artillaría leve. Tamén pode referirse ao burato no costado dun barco, por onde se poden disparar os canóns sen exporse ao fogo inimigo.
Tamén designa o espazo entre os merlóns ou ameas, por onde se enfía a boca da peza de artillaría (canón).
O nome troneira parece ter orixe na antiga arma de artillaría trom, un pequeno canón, usado máis recentemente para tiro atallado.[1][2]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search