Twitter

Twitter, Inc.
Antigo logotipo de Twitter

Editar o valor em Wikidata
TipoCapital aberto
Fundación21 de marzo de 2006 (18 anos)
LocalizaciónSan Francisco, CaliforniaEstados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJack Dorsey
Noah Glass
Biz Stone
Evan Williams
IndustriaInternet
ProdutosPeriscope
Vine
Número de empregados3638 (2015)[1]
Na rede
https://twitter3e4tixl4xyajtrzo62zg5vztmjuricljdp2c5kshju4avyoid.onion/, https://x.com/ e https://twitter.com/
Facebook: TwitterInc Twitter: X Instagram: twitter Youtube: UCpg-U3_G3ZVck6QO6uhW_OA Pinterest: twitter TikTok: twitter GitHub: twitter Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007[2].​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​[3]

A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres[4] (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos doutros usuarios  – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores[5],​ followers e ás veces tweeps[6]​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países[7].​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

  1. "Twitter Company Info". Twitter. 6 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 2 de maio de 2014. 
  2. "Business Search - Business Entities - Business Programs". 2010-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2010. Consultado o 2018-11-13. 
  3. D'Monte, Leslie (2009-04-29). "Swine flu's tweet tweet causes online flutter". Business Standard India. Consultado o 2018-11-13. 
  4. Cano, Rosa Jiménez (2017-11-08). "Twitter aumenta el límite a 280 caracteres para todos los usuarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-13. 
  5. "There's a List for That" (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  6. "The tricky business of business tweeting". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  7. "Twitter Support : How To Find Your Twitter Short/Long Code". 2010-03-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 2018-11-13. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search