Verdade

Alfred Stevens: A Verdade e a Falsedade.
Walter Seymour Allward, Veritas, 1920
A Verdade, relevo nunha porta de bronce na entrada principal do Thomas Jefferson Building, un dos tres edificios que conforman a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América

A verdade (do latín, veritas) é a coincidencia entre unha afirmación e os feitos, ou a realidade á que se refire dita afirmación[1] ou a fidelidade a unha idea.[1] O termo úsase nun sentido técnico en diversos campos como a ciencia, a lóxica, as matemáticas e a filosofía.

O uso da palabra verdade tamén abarca a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular;[2] así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.

As cousas son verdadeiras cando son «fiables», fieis porque cumpren o que ofrecen.[3][n 1]

  1. 1,0 1,1 Merriam-Webster's Online Dictionary, truth, 2005.
  2. "Definición de verdade no Dicionario da [[RAG]]". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  3. Ferrater Mora. op. cit. p. 3397 y ss.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n", pero non se atopou a etiqueta <references group="n"/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search