Videoxogo multixogador

Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de Internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores. Os videoxogos multixogador permiten ós xogadores interactuar con outras persoas en sociedade, competencia ou rivalidade, achegándolles unha comunicación social ausente nos xogos para un só xogador.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search