A vitela (ou carne de tenreira) é o nome utilizado para o produto da cría de carne branca e lene de becerros. Os xatos machos das vacas leiteiras, que son indesexados para a industria leiteira, poden aproveitarse para a produción deste tipo de carne.[1][2]
O nome "vitela", segundo o Portal das Palabras[3] refírese a unha cría de até os dous anos e á súa carne (vitela ou tenreira). O termo becerro refírese á cría de máis ou menos dous anos, e cuxo e pucho de menos de dous anos, e xato mentres lle duran os dentes de leite. Xovenco, almallo ou novelo chámase cando xa ten tres anos.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search