Wikipedia:Como engadir imaxes

Atallo:
WP:CEI

Para cargar imaxes na Galipedia, usa a ligazón «Cargar un ficheiro» que está no cadro de ferramentas ou na lista de páxinas especiais.

Con «Examinar» (ou Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador. Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (ou Choose File).

Cando atopes o ficheiro, selecciona «Abrir» (ou Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro».

Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión.

Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo.

Non esquezas o seguinte:

  • Pódense cargar tantos ficheiros coma se desexe, pero por favor, sen tentar ningún acto de vandalismo contra o servidor. Véxase Política de uso de imaxes.
  • Todas as transferencias de carga e as eliminacións gárdanse nun historial (Rexistro de cargas).
  • No campo Resumo débese escribir un texto para a Páxina de descrición de imaxe.
  • Hai que marcar o cadriño mediante o cal:
«Afirmo que o dono dos dereitos de autoría deste ficheiro está de acordo en licencialo baixo os termos de Wikipedia copyright.»

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search