Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe

Esta é unha lista de Marcadores de licenza de imaxe na Galipedia e cada imaxe debe incluír un. Despois de cargar a imaxe no wiki faga o seguinte:

  • Engada o marcador de licenza, por exemplo {{PD}} para unha imaxe no dominio público.
  • Engada canta información sexa posible coa táboa de información sobre a imaxe (se é unha fotografía: onde se tomou, quen fixo a fotografía, en que condicións, etc.).
  • Introduza unha ligazón á fonte da imaxe.
  • Se o marcador da imaxe require que se atribúa a autoría, por favor indique o autor! Teña en conta que a licenza {{Cc-by-sa-4.0}} require atribución.
  • Se unha imaxe ten que estar en varias categorías engada cantos marcadores sexan necesarios.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search