Wolbachia

Wolbachia

Micrografía de microscopio electrónico de transmisión dunha célula de insecto con bacterias Wolbachia no seu interior.
de Public Library of Science / Scott O'Neill
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rickettsiales
Familia: Rickettsiaceae
Xénero: Wolbachia

Wolbachia é un xénero de bacterias que infecta a artrópodos, incluíndo unha grande proporción das especies de insectos, e tamén a nematodos. É un dos microbios parasitos máis abundantes no mundo e posiblemente é o parasito reprodutivo máis común da biosfera. A súa interacción co hóspede é miúdo complexa, e nalgúns casos evolucionou para ser simbiótico en vez de parasito. Algunhas especies hóspedes non poden reproducirse, ou nin sequera sobrevivir, se non están infectadas por Wolbachia. Un estudo concluíu que máis do 16 % das especies de insectos neotropicais levan bacterias deste xénero,[1] e estímase que do 25 ao 70 % de todos as especies de insectos son hóspedes potenciais.[2]

  1. Werren, J.H.; Guo, L; Windsor, D. W. (1995). "Distribution of Wolbachia among neotropical arthropods". Proceedings of the Royal Society B 262: 197–204. Bibcode:1995RSPSB.262..197W. doi:10.1098/rspb.1995.0196. 
  2. Kozek, Wieslaw J.; Rao, Ramakrishna U. (2007). "The Discovery of Wolbachia in Arthropods and Nematodes – A Historical Perspective". Issues in Infectious Diseases. Issues in Infectious Diseases 5 (Wolbachia: A Bug’s Life in another Bug): 1–14. ISBN 3-8055-8180-7. doi:10.1159/000104228. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search