Xacobe II e VII, nado o 14 de outubro de 1633, e finado o 16 de setembro de 1701, foi rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe II e Escocia como Xacobe VII,[1] dende o 6 de febreiro de 1685 até que foi deposto pola Revolución Gloriosa de 1688. Foi o derradeiro monarca católico de Inglaterra, Escocia e Irlanda.
O segundo fillo sobrevivente de Carlos I, ascendeu ó trono despois da morte do seu irmán, Carlos II. Os membros da elite política protestante sospeitaban del por ser pro-francés, pro-católico e por desexar converterse en monarca absoluto. Cando tivo un herdeiro católico, os nobres animaron ó seu sobriño protestante Guillerme de Orange a realizar unha invasión militar dende as Provincias Unidas, o cal faría na Revolución Gloriosa de 1688. Xacobe abandonou Inglaterra (e así considerouse que abdicara).[2] Foi substituído pola súa filla máis vella protestante, María e polo seu marido Guillerme de Orange. Xacobe levou a cabo un serio intento de recuperar a coro cando chegou a Irlanda en 1689. Despois da derrota das forzas xacobitas na batalla do Boyne en xullo de 1690, Xacobe regresou a Francia. Viviu o resto da súa vida como un pretendente ó trono na corte do seu curmán e aliado Lois XIV.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search