Zipa

Escultura muisca dun Zipa sen identificar (Museo do Ouro de Bogotá).
Mapa do territorio muisca á chegada dos españois (século XVI). Os dominios do Zipa en verde.

Zipa era o título de nobreza dado polos muiscas ó gobernante supremo do Zipazgo, unha das divisións administrativas máis importantes da Confederación muisca. Adóitase empregar a expresión "Zipa de Bacatá", xa que a sede do goberno do Zipazgo atopábase en Funza, capital do Zybyn de Bacatá, que abranguía gran parte do territorio da actual cidade de Bogotá, capital de Colombia.

O Zipa era considerado descendente da deusa Chie (a Lúa), da mesma forma que o Zaque era considerado descendente de Sué (o Sol). O Zipa tiña autoridade absoluta sobre o goberno do Zipazgo. Ó seu cargo estaba a dirección administrativa, o mando do exército, a creación, reforma e aplicación das leis, e boa parte dos asuntos relixiosos. É así como, por exemplo, os chyquy (sacerdotes muiscas) debían ser investidos pola autoridade do Zipa. A única persoa que podía exercer autoridade sobre o Zipa era o Chyquy-Zibyntyba de Iraca, a quen se consideraba sucesor do Venerable Bochica, mentres que o único poder en igualdade de condicións fronte ó do Zipa era o do Zaque, que nun comezo fora meirande.[1]

  1. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search