Aborto

Protesta en Holanda contra procesamentos por abortos en España (1979).

Un aborto[1] (do latín abortus) é a expulsión prematura do útero do embrión ou do feto, antes de que o feto sexa viable ou que a xestación haxa chegado entre as vinte e as vinte-e-oito semanas.[2]

A interrupción pode ser provocada con asistencia médica ou sen ela, e en calquera circunstancia social ou legal. A verba provén do verbo latino aborto, que significa rematar, apagarse, deixar de vivir.[3][4] Diferénciase do aborto espontáneo ou a perda non intencionada da xestación antes das 26 semanas. A prevención de embarazos non desexados e, polo tanto, do aborto inducido afonda tamén nunha política de información e divulgación de métodos de anticoncepción eficaces.[5] Un problema maior, en caso de prohibición, son os abortos clandestinos que se fan en circunstancias precarias de mala hixiene e asistencia, e que son causa frecuentemente de complicacións sanitarias até o punto que segundo a Organización Mundial da Saúde son unha das principais causas de morte materna.[6]

O abroto inducido é unha realidade social que existiu á marxe das prohibicións e condenas éticas. A través da historia, foi materia de controversia ética e social. Aínda está prohibido ou limitado en sociedades diversas e permitido noutras. En países con leis liberais, os partidarios dunha prohibición do aborto médico crearon organizacións para loitar para a protección da vida humana non nada, a miúdo co apoio da Igrexa Católica, que sanciona o aborto coa excomuñón. Nos países de tradición protestante a oposición é menos activa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aborto.
  2. "Avortament induït o provocat: causes, procediments i possibles conseqüències". 10 de decembro de 2013. Consultado o outubro de 2014. 
  3. Bruguera i Talleda, Jordi; Fluvià i Figueras, Assumpta (1996 (2004, 4ª edición)páxina = 94). Diccionari etimològic. Barcelona: Enciclopèdia Catalana. ISBN 9788441225169. 
  4. Seva i Llinares, Antoni (1993 (2007)). Diccionari Llatí-Català. Barcelona: Ed. Enciclopèdia Catalana. p. 36. ISBN 978-84-7739-631-4. 
  5. Espai Món, ed. (2014). "La penalització de l'avortament: partint d'una premissa errònia". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2014. 
  6. Organización Mundial da Saúde (6 de maio de 2014). "Why do so many women still die in pregnancy or childbirth?" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2014. The vast majority of maternal deaths could be prevented if women had access to quality family planning services, skilled care during pregnancy, childbirth and after delivery, or post-abortion care services and where permissible, safe abortion services. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search