Home

Símbolo do sexo masculino, tamén coñecido como "lanza de Marte" ou "frecha de Ares".
O David de Miguelangelo representa a visión clásica da beleza masculina.

O home[1] (Gl-home.ogg pronunciación ), (homo, -ĭnis, probablemente relacionado con humus ‘terra, solo’, do que tamén derivaría humānus ‘relativo o home, humano’)[2] ou varón[3], (do latín varo, -ōnis ‘valente, esforzado’, probablemente relacionado con vir ‘varón, heroe’, baixo a influencia do xermánico baro ‘home libre’)[4][5] é o ser humano de sexo masculino, independentemente de se é neno ou adulto. A anatomía masculina distínguese da feminina polo sistema reprodutor masculino, que inclúe o pene, os testículos, o conduto espermático, a próstata e o epidídimo, así como as características sexuais secundarias. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade).

Home ou varón tamén remite a diferenzas de carácter cultural e social que se lle atribúen por xénero.

Como a maioría dos outros mamíferos machos, o xenoma dun home xeralmente herda un cromosoma X da nai e un cromosoma Y do pai. O feto masculino produce maiores cantidades de andróxenos e menores cantidades de estróxenos que un feto feminino.[6] Esta diferenza nas cantidades relativas destes esteroides sexuais é responsable das características fisiolóxicas que distinguen aos homes das mulleres. Durante a puberdade, as hormonas que estimulan a produción de andróxenos dan como resultado o desenvolvemento de características sexuais secundarias, exhibindo así maiores diferenzas entre os sexos. Estes inclúen unha maior masa muscular, o crecemento da lanuxe facial e unha menor composición de graxa corporal.[7]

O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.

O Día Internacional do Home celebrase o 19 de novembro.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para home.
  2. Corominas, J (1987). "humano". Breve diccionario etimológico de la lengua castellana (Terceira ed.). Madrid: Gredos. p. 327. ISBN 8424913329. OCLC 20321565. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varón.
  4. Moliner, M (2006). Diccionario de uso del español II (2.ª ed.). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1975-0. varón (de «barón» con influencia do lat. vir) 
  5. Moliner, M (2006). Diccionario de uso del español I (2.ª ed.). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1975-0. barón, -esa (do xerm. «baro» ‘home libre’) 
  6. Online textbook: "Developmental Biology" 6th ed. By Scott F. Gilbert (2000) published by Sinauer Associates, Inc. of Sunderland (MA).
  7. Aaron Spitz M.D.. The Penis Book: A Doctor's Complete Guide to the Penis--From Size to Function and Everything in Between. (2018). 304 pax. ISBN 1635650291 ISBN 978-1635650297

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search