Lusotropicalismo

Lisboa na década de 1570 tiña moita poboación de orixe africana. Uns eran escravos ou tratantes de escravos, outros eran libres e mesmo heroes. Había estatuas de santos pretos nas igrexas da cidade, bailes mestizos europeo-africanos e cociña de fusión.[1]

Lusotropicalismo é un termo utilizado por primeira vez polo sociólogo brasileiro Gilberto Freyre[2] para describir o suposto carácter distintivo do imperialismo portugués no exterior,[2] propoñendo que os portugueses eran mellores colonizadores que outras nacións europeas.

Freyre teorizou que debido ao clima máis cálido de Portugal e ao estar habitado por celtas, romanos, suevos, godos, mouros e outros pobos na época premoderna, os portugueses eran máis humanos, amigábeis e adaptábeis a outros climas e culturas. El viu as culturas de base portuguesa como culturas de expansión ecuménica. Freyre era favorábel ás independencias dos distintos países da comunidade lusófona sempre que non caísen baixo a órbita doutros imperialismos (soviética, norteamericana, belga, surafricana,…)[3]

A principios do século XX, Portugal era a potencia colonial europea con presenza territorial máis antiga no exterior; nalgúns casos os seus territorios foran continuamente asentados e gobernados polos portugueses durante cinco séculos. O lusotropicalismo celebrou elementos tanto reais como mitolóxicos da democracia racial e da misión civilizadora no Imperio portugués, abarcando unha actitude de mestizaxe cara ás colonias ou territorios de ultramar. A ideoloxía é mellor exemplificada na obra de Freyre.

  1. "A presença africana é a mais importante que temos" (Diário de Notícias) https://www.dn.pt/sociedade/a-presenca-africana-e-a-mais-importante-que-temos-5336490.html
  2. 2,0 2,1 Lusotropicalism. 14 de outubro de 2017. ISBN 9780807831991. 
  3. "El lusotropicalismo de Gilberto Freyre como crítica barroca a la mixofobia de la modernidad burguesa". Práticas da história. Consultado o 8-2-2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search