Feminismo

Símbolo dos movementos feministas, baseado no símbolo de Venus.

O feminismo[1] é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses.[2][3][4][5][6] De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas".[5][7] A primeira produciuse no século XIX e comezos do século XX, a segunda nas décadas de 1960 e 1970, e a terceira na década de 1990 até o presente.[8] A teoría feminista xurdiu destes movementos femininos[9][10] e maniféstase en diversas disciplinas como a xeografía feminista, a historia feminista e a crítica literaria feminista.

O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, que van da cultura ó dereito. As activistas femininas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ó voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo, polos dereitos ó aborto e polos dereitos reprodutivos (incluíndo o acceso á contracepción e a coidados prenatais de calidade), pola protección de mulleres e nenas contra a violencia doméstica, o acoso sexual e a violación,[2][11][12] polos dereitos laborais, incluíndo o permiso por maternidade e salarios iguais, e todas as outras formas de discriminación.[13][14][15]

Durante gran parte da súa historia, a maioría dos movementos e teorías feministas tiveron líderes que eran principalmente mulleres brancas de clase media, de Europa Occidental e de América do Norte.[16][17][18] Porén, dende o discurso de Sojourner Truth ás feministas dos Estados Unidos de América, feito en 1851, mulleres doutras etnias e orixes sociais propuxeron formas alternativas de feminismo.[17] Esta tendencia foi acelerada na década de 1960, co movemento polos dereitos civís que xurdiu nos Estados Unidos e o colapso do colonialismo europeo en África, no Caribe e en partes de América Latina e do sueste asiático. Dende entón, as mulleres nas antigas colonias europeas e nos países en vías de desenvolvemento propuxeron feminismos "poscoloniais",[18] nos cales algunhas postulantes, como Chandra Talpade Mohanty, critican o feminismo tradicional occidental como etnocéntrico.[19] Feministas negras, como Angela Davis e Alice Walker, comparten este punto de vista.[16]

Dende a década de 1980, as feministas argumentaron que o movemento debería examinar como a experiencia da muller coa desigualdade se relaciona ó racismo, á homofobia, ó clasismo e á colonización.[17][20] A finais desa década e comezos da seguinte as feministas posmodernas argumentaron que os papeis sociais dos xéneros foron construídos socialmente,[21][22][23] e que sería imposíbel xeneralizar as experiencias das mulleres por todas as súas culturas e historias.[24]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feminismo.
  2. 2,0 2,1 Cornell, Drucilla (1998). At the heart of freedom: feminism, sex, and equality. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-02896-5. 
  3. Humm, Maggie (1992). Modern feminisms: Political, Literary, Cultural. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-08072-7. 
  4. Collins Dictionary and Thesaurus. Londres: Collins. 2006. ISBN 0-00-722405-2. 
  5. 5,0 5,1 Humm, Maggie (1990). The dictionary of feminist theory. Columbus: Ohio State University Press. pp. 278. ISBN 0-8142-0506-2. 
  6. Agnes, Michael (2007). Webster's New World College Dictionary. John Wiley & Sons. ISBN 0-7645-7125-7. 
  7. Walker, Rebecca (1992). Becoming the Third Wave. Ms. pp. 39–41. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Suffragettes to Grrls
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Chodorow1989
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gilligan1977
  11. Echols, Alice (1989). Daring to be bad: radical feminism in America, 1967-1975. Minneapolis: University of Minnesota Press. pp. 416. ISBN 0-8166-1787-2. 
  12. "Campaign: Stop Violence against Women". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 03 de abril de 2015. 
  13. Price, Janet; Shildrick, Margrit (1999). Feminist theory and the body: a reader. Nova York: Routledge. p. 487. ISBN 0-415-92566-5. 
  14. Butler, Judith (1992). "Feminism in Any Other Name". Differences 6 (2-3). p. 30. 
  15. Messer-Davidow, Ellen (2002). Disciplining feminism: from social activism to academic discourse. Durham, Carolina do Norte: Duke University Press. 
  16. 16,0 16,1 Walker, Alice (1983). In search of our mothers' gardens: womanist prose. San Diego: Harcourt Brace Jovanovich. pp. 397. ISBN 0-15-144525-7. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Hill Collins, P. (2000): Black Feminist Thought: Knowledge, consciousness, and the politics of empowerment (New York: Routledge)
  18. 18,0 18,1 Narayan, Uma (1997). Dislocating cultures: identities, traditions, and Third-World feminism. Nova York: Routledge. p. 0415914183. ISBN 0-415-91418-3. 
  19. Mohanty, Chandra Talpade (1991). Mohanty, Chandra Talpade; Russo, Ann; Torres, Lourdes, ed. Third World women and the politics of feminism. Bloomington: Indiana University Press. pp. 49. ISBN 0-253-20632-4. 
  20. Harding, Sandra (2004). The feminist standpoint theory reader: intellectual and political controversies. Nova York: Routledge. ISBN 978-0-415-94501-1. 
  21. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome debeauvoir1973
  22. Butler, Judith (1999). Gender trouble: feminism and the subversion of identity. Nova York: Routledge. ISBN 9780415924993. 
  23. West, Candace; Zimmerman, Don H. (xuño de 1987). Doing Gender. Gender and Society 1. p. 26. doi:10.1177/0891243287001002002. 
  24. Benhabib, Seyla (1995). From Identity Politics to Social Feminism: A Plea for the Nineties. Philosophy of Education 1. p. 14. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search